Wikiquote
glwikiquote
https://gl.wikiquote.org/wiki/Portada
MediaWiki 1.47.0-wmf.10
first-letter
Media
Especial
Conversa
Usuario
Conversa usuario
Wikiquote
Conversa Wikiquote
Ficheiro
Conversa ficheiro
MediaWiki
Conversa MediaWiki
Modelo
Conversa modelo
Axuda
Conversa axuda
Categoría
Conversa categoría
TimedText
TimedText talk
Módulo
Conversa módulo
Evento
Evento Discussão
Xosé Neira Vilas
0
4988
22337
21909
2026-07-09T19:03:17Z
HombreDHojalata
419
engado a [[Categoría:Día das Letras Galegas]] mediante [[commons:Help:Gadget-HotCat|HotCat]]
22337
wikitext
text/x-wiki
{{Autor
| Foto = Xosé Neira Vilas (AELG)-2.jpg
| Wikisource =
| Wikipedia = Xosé Neira Vilas
| Wikicommons = Category:Xosé Neira Vilas
| Gutenberg =
| Cervantes =
| DominioPu =
| DomiPubli =
| EbooksG =
| Color =
}}
'''Xosé Neira Vilas''' (Vila de Cruces 1928 - 2015) foi un xornalista e escritor galego, membro da Real Academia Galega e autor dunha ampla obra narrativa na que destaca ''Memorias dun neno labrego'' (1961). Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil.
----
== En entrevistas e declaracións ==
* Fun moitas cousas ao longo da miña vida pero dende o ponto de vista da vocación son escritor e tamén esencialmente son xornalista. Gústame comunicar e contar cousas.<ref name="ATLANTICO261213">Xabier R. Blanco [http://www.atlantico.net/articulo/galicia/cumprin-consello-blanco-amor-non-profesionalizar-mina-vocacion/20131227093031027614.html "Cumprín o consello de Blanco Amor de non profesionalizar a miña vocación'"] ''Atlántico Diario'', 26/12/2013.</ref>
* Cuba non é a miña segunda patria, é a miña patria paralela.<ref name="ATLANTICO261213"/><ref name="REGION281115">Xabier R. Blanco [http://www.laregion.es/articulo/cultura/horas-co-pai-balbino/20151128082309584740.html "Tres horas có pai de Balbino"] ''La Región'', 28/11/2015.</ref>
*Pois son un home de esquerdas, pero non pertenzo nin pertencerei a ningún partido. Digamos que son un galeguista, se cadra nacionalista, pero nacionalista moderado que non pretende a separación como quere facer [[:ca:Artur Mas i Gavarró|Mas]] en Cataluña. Propoñería un sistema federal, con máis autonomía.<ref name="ATLANTICO261213"/><ref name="REGION281115"/>
== Na súa obra ==
* Xuntou canto folgo lle quedaba. Eregueu a cabeza e pechou os puños. Dempois dunha vida de silencio, iba a berrar… Pero era tarde. Perdera o torgo. E aquel berro tantos anos coutado, afogouse no peito, talvez pra sempre.
::* "O berro", en ''A muller de ferro'' (1969).
* Valentín era, por fóra, un home coma calquera outro. Mais, había algo nel que non se vía no resto dos veciños. Falaba pouco. Gustáballe dar coa verdade das cousas. E dicía que pode ir á lúa, e aínda máis lonxe, quen de certo se propoña chegar alí.
::* "Valentín e o coto", en ''A muller de ferro'' (1969) e ''Contos de tres mundos'' (1995).
* Don Ramón Leboreiro García vive cos seus nun piso da Avenida Gaona. Ten criadas, criados, chouferes e demais, todos galegos. Galegos coma el, que veu dunha aldeia ourensán cando era un mozote. Chegou probe, pero agora non se deixa aforcar por ben millós. A servidume que o rodea sinte por el un chosco de respeto e ademiración, anque se non pode decir que lle queiran.
::* ''Remuíño de sombras'' (1973).
* Sóubose na aldea, e o Antoniño non volveu saír da casupa, onde moraba coa súa nai. Sentía medo e vergoña; anguria e carraxe. Non falaba. Batía coa testa nas paredes, como se quixese vingarse do mundo. Foise ensumindo. Foise quedando no óso limpo. Unha chuviosa mañá de Nadal apareceu morto. Acababa de cumprir nove anos.
::* ''Pan'' (1986).
* Terei de facer historia. Vou decilo todo. Non hai outro camiño. Mira, xa ergo a mao, xa me poño de pé. Xa estou pedindo a palabra.
::* ''Tempo novo'' (1987).
* Auga, pedra, sol e vento, / aquí a ledicia é tanta / que todo rebule e canta / e o Ulla vaise contento. / Teño nesta terra asento / e un sentimento profundo, / un amor vivo e rotundo / polo val onde nacín, / levo a Gres dentro de min, / son deste anaco do mundo.
::* ''Dende Gres'' (2004).
* Tatexei as primeiras falas por entre os palitroques do meu berce de freixo que fixera meu pai e que serviu tamén para arrolar, co agarimo de cancións que viñan de pais a fillos na lingua de cada día, a seis gromos que foron abrollando na casa despois de min.
::* "Carta a Balbino" (2011).<ref name="RAIGAME35">{{Cita publicación periódica |autor=VVAA |título=Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares'' |issn=1136-3207 |url=http://ccpxaquinlorenzo.depourense.es/index.php?option=com_phocadownload&view=category&download=104%3Araigame-35&id=1%3Arevista-raigame&Itemid=37&lang=gl |número=35 |data=novembro de 2011 }}</ref>
; ''Memorias dun neno labrego'' (1961):
* EU SON ... BALBINO. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña (páx. 27).
* No tempo da sega adicámonos a xuntar cornello. Andivémolo agro todo. Con tal de non tripar o centeo, ós donos non lles importaba que sacásemos o grao de corvo. Dempois de mollalo chegamos ás tres libras. Tamén fixemos angazos de pau, para vendelos no Sanmartiño, e algunhas ravelas. Lelo gardaba os cartos que iamos gañando, nunha caixiña con pecho.
* Estivemos dacordo en que no mundo hai pobres e ricos e non debería ser así (páx. 126).
* Xurei para min que cando chegue a grande farei cousas de valemento para non morrer de todo cando morra (páx. 142).
== Sobre el ==
* A súa obra, tanto por calidade como por calidade, converteuno xa nun clásico das nosas letras.<ref>{{Cita libro |url=http://libreriaabrente.es/wp-content/uploads/2014/04/2774-thickbox_default-historia-xeral-da-literatura-galega-2774-e1469740709320.jpg |título=Historia xeral da literatura galega |nome1=A. |apelidos1=Gómez |nome2=M. |apelidos2= Queixas |ano=2001 |editorial=A Nosa Terra |páxina=303 |isbn= 84-95350-79-3 }}</ref>
* Ata as Memorias dun neno galego de Neira Vilas, a literatura galega, Galicia, non tiña nenos nin escolas, os homes emigraban e os nenos sempre eran adultos. Non facían falla mestres… os Estados decatáronse de que a escola podía ensinar aos nenos a ser bós cidadáns... Pero Galicia non tiña Estado, nin mestres nin nenos. Os nenos traballaban. Ata que chegou Neira Vilas e inventa un rapaz que pensa, un rapaz que quere aprender, que ten vontade de ser persoa…
:* Xosé Luís Axeitos. "O noso catecismo", ''Raigame'' 35, 2011.<ref name="RAIGAME35"/>
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
{{Wikipedia|Xosé Neira Vilas}}
=== Bibliografía ===
:* {{Cita libro| autor = {{Smallcaps|Neira Vilas, X.}}| título = Memorias dun neno labrego| ano = 2007| edición = 25ª | publicación = A Coruña: Ediciós do Castro| id = ISBN 978-84-8485-253-7}}
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Neira Vilas}}
[[Categoría:Escritores galegos]]
[[Categoría:Novelistas]]
[[Categoría:Ensaístas]]
[[Categoría:Poetas]]
[[Categoría:Xornalistas]]
[[Categoría:Día das Letras Galegas]]
tbt4lw37qzcvsbtj5h31doly1h6uoen