Wikibooks glwikibooks https://gl.wikibooks.org/wiki/Portada MediaWiki 1.47.0-wmf.4 first-letter Media Especial Conversa Usuario Conversa usuario Wikibooks Conversa Wikibooks Ficheiro Conversa ficheiro MediaWiki Conversa MediaWiki Modelo Conversa modelo Axuda Conversa axuda Categoría Conversa categoría TimedText TimedText talk Módulo Conversa módulo Evento Evento Discussão A ciencia ten nome de muller 0 4747 20735 18942 2026-06-01T16:36:10Z ~2026-32671-46 3173 /* Percorrido da exposición */ 20735 wikitext text/x-wiki [[Ficheiro:Marie-Curie-Nobel-portrait-600.jpg||miniatura|Marie Curie foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel.]] '''''A ciencia ten nome de muller''''' é unha exposición itinerante que buscaba homenaxear as mulleres que loitaron pola ciencia e polos seus dereitos. Rematouse de preparar no verán de 2004. O traballo foi realizado a partir da idea orixinal do autor, e o xerme do traballo previo "As Mulleres na Ciencia", presentado na VI Feira da Ciencia e Tecnoloxía do IES Porta da Auga de Ribadeo (ano 2000) por Nelly Bouso Gasalla, Mari Carmen Cancio Mesa, Lorena Navarro Pérez e Vanesa Rodríguez Rodríguez. Coa creación do [[w:IES_de_Ribadeo_Dionisio_Gamallo|IES de Ribadeo Dionisio Gamallo]], pasou a depender deste novo centro. == Como era a situación das mulleres == Ó longo da historia, a situación das mulleres na sociedade variou co tempo e a cultura na que estaban inmersas. A ciencia non foi unha excepción neste sentido, e pódese notar que non sempre foi a mellor co paso do tempo. Parece ser que as mulleres sumerias (uns 2000 anos a.C.) podían practicar a astronomía, en relación cos cultos da época. Mentres, hai dous séculos tiñan dificultade para desenvolver un labor parello, a pesar de que na astronomía nunca estiveron tan mal miradas como noutras ciencias. Ó comezo da Idade Media as mulleres podían exercer a medicina. Logo foron separadas desta ciencia en occidente, continuando máis tempo nos reinos mahometanos. Así unha tradición de antes do Imperio Romano, onde unha boa parte das fillas dos homes influentes practicaban a medicina, rompíase ó observar que unha das referencias biográficas citadas foi xulgada e condenada un milenio despois sinxelamente por curar. As mulleres dedicadas a unha tarefa científica foron poucas e pouco visibles en tódolos países e en tódalas épocas. Sirva como exemplo que Sánchez Ron, no seu libro sobre historia da ciencia en España nos séculos XIX e XX, cita só catro mulleres en tarefas científicas (seis se se considera a Marie Curie e Lise Meitner, estranxeiras) entre máis de mil nomes. Porén, é evidente que as mulleres, ó longo da historia, e pola propia división de traballo na sociedade, foron protagonistas na química ou na farmacoloxía, por poñer dous exemplos, polo seu uso do lume e transformacións químicas na cociña e o seu labor de recollida de plantas. Atopamos ademais moitas veces unha polémica sobre autorías ou descubrimentos debido ó segundo plano no que se atopou a muller na historia. Así, mentres que coñecemos a actividade dalgunhas mulleres a través do testemuño do seu marido, tamén nunha morea de casos houbo invencións e descubrimentos de mulleres que ficaron atribuídos a través da historia a homes, con pequena proporción de casos á inversa. == Listaxe de biografías == A elección das biografías é baseada tanto na importancia que se lle asigna no mundo científico como na facilidade para achegar os datos; quere isto dicir que seguramente hai moitas mulleres ausentes deste traballo con máis méritos que algunha das que están presentes. Na seguinte táboa exponse unha data aproximada nos casos nos que se descoñece a data exacta de nacemento. A clasificación nas diversas disciplinas é aproximada. Para o país anótase en xeral aquel onde desenvolveu o seu traballo máis relevante. {| class="wikitable sortable" border="1" cellpadding="4" cellspacing="4" style="font-size: 85%; border: gray solid 1px; border-collapse: collapse; text-align: left;" |'''Nome''' |'''Materia''' |'''Nacemento''' |'''País''' |- | [[:w:Maria Gaetana Agnesi|Maria Gaetana Agnesi]] || matemáticas || 1718 || Italia |- | [[:w:Amparo Alonso Betanzos|Amparo Alonso Betanzos]] || informática || 1961 || España |- | [[:w:María Josefa Alonso Fernández|María Josefa Alonso Fernández]] || farmacoloxía || 1958 || España |- | [[:w:María de los Ángeles Alvariño|María de los Ángeles Alvariño]] || bioloxía mariña || 1916 || España - Reino Unido - Estados Unidos |- | [[:w:Mary Anning|Mary Anning]] || paleontoloxía || 1799 || Estados Unidos |- | [[:w:Carmen Ascaso|Carmen Ascaso]] || bioloxía || 1949 || España |- | [[:w:María Barbeito|María Barbeito]] || pedagoxía || 1880 || España |- | [[:w:Sandra Barrral|Sandra Barral]] || xenética|| 1973 || España - Estados Unidos |- | [[:w:Laura Bassi|Laura Bassi]] || medicina || 1711 || Italia |- | [[:w:Ruth Benedict|Ruth Benedict]] || antropoloxía || 1887 || Estados Unidos |- | [[:w:Pilar Bermejo|Pilar Bermejo Barrera]] || química || 1956 || España |- | [[:w:Elizabeth Blackwell|Elizabeth Blackwell]] || medicina || 1821 || Reino Unido |- | [[:w:Sophia Brahe|Sophia Brahe]] || astronomía || 1556 || Dinamarca |- | [[:w:Celia Brañas|Celia Brañas]] || incorporación da muller ao estudo das ciencias en España || 1880 || España |- | [[:w:Emilie de Breteuil|Emilie de Breteuil]] || física || 1706 || Francia |- | [[:w:Elisabeth Knight Britton|Elisabeth Knight Britton]] || bioloxía || 1858 || Estados Unidos |- | [[:w:María Tarsy Carballas Fernández|María Tarsy Carballas Fernández]] || edafoloxía || 1934 || España |- | [[:w:Josefina Castellón|Josefina Castellón]] || bioloxía e oceanografía || 1936 || España |- | [[:w:Margaret Cavendish|Margaret Cavendish]] || física || 1623 || Reino Unido |- | [[:w:Jane Colden|Jane Colden]] || botánica || 1724 || Estados Unidos |- | [[:w:Gerthy Radnitz Cori|Gerthy Radnitz Cori]] || medicina || 1863 || Estados Unidos |- | [[:w:Dorothy Crowfoot|Dorothy Crowfoot]] || química || 1910 || Reino Unido |- | [[:w:Maria Cunitz|Maria Cunitz]] || astronomía || 1610 || Alemaña |- | [[:w:Marie Curie|Marie Curie]] || física || 1867 || Francia |- | [[:w:María Domínguez Castellano|María Domínguez Castellano]] || bioloxía || 1966 || España |- | [[:w:Beatriz Domínguez-Gil|Beatriz Domínguez-Gil González]] || medicina || 1971 || España |- | [[:w:Louise du Pierry|Louise du Pierry]] || astronomía || 1746 || Francia |- | [[:w:Jeanne Dumee|Jeanne Dumee]] || astronomía || 1660 || Francia |- | [[:w:Goretti Durán Piñeiro|Goretti Durán Piñeiro]] || farmacia || ? || España |- |- | [[:w:Ellen Eglui|Ellen Eglui]] || inventora || 1800 || Estados Unidos |- | [[:w:Dorothea Christiane Erxleben|Dorothea Christiane Erxleben]] || medicina || 1715 || Alemaña |- | [[:w:Alicia Estévez Toranzo|Alicia Estévez Toranzo]] || microbioloxía || 1955 || España |- | [[:w:Gertrude Elion|Gertrude Elion]] || bioquímica || 1918 || Estados Unidos |- | [[:w:Jacoba Felice|Jacoba Felice]] || medicina || 1300 || Francia |- | [[:w:Jimena Fernández de la Vega|Jimena Fernández de la Vega]] || medicina || 1895 || España |- | [[:w:Williamina Fleming|Williamina Fleming]] || astronomía || 1857 || Estados Unidos |- | [[:w:Dian Fossey|Dian Fossey]] || bioloxía || 1932 || Estados Unidos |- | [[:w:Rosalind Franklin|Rosalind Franklin]] || bioloxía || 1920 || Reino Unido |- | [[:w:Jane Goodall|Jane Goodall]] || bioloxía || 1934 || Reino Unido |- | [[:w:Maria Göppert-Mayer|Maria Göppert-Mayer]] || física || 1906 || Alemaña |- | [[:w:Catherine Green|Catherine Green]] || inventora || 1800 || Estados Unidos |- | [[:w:Caroline Lucretia Herschel|Caroline Lucretia Herschel]] || astronomía || 1750 || Alemaña |- | [[:w:Hipatia|Hipatia]] || astronomía || 370 || Exipto |- | [[:w:Irène Joliot-Curie|Irène Joliot-Curie]] || química || 1897 || Francia |- | [[:w:Annie Jump Cannon|Annie Jump Cannon]] || astronomía || 1863 || Estados Unidos |- | [[:w:Maria Margaret Kirch|Maria Margaret Kirch]] || astronomía || 1670 || Alemaña |- | [[:w:Margaret E. Knight|Margaret E. Knight]] || inventora || 1838 || Estados Unidos |- | [[:w:Sofia Kovalewska|Sofia Kovalewska]] || matemáticas || 1850 || Rusia |- | [[:w:María Jesús Lamas|María Jesús Lamas]] || farmacia || ? || España |- | [[:w:Mary Leakey|Mary Leakey]] || antropoloxía || 1913 || Reino Unido |- | [[:w:Lefebre|Lefebre]] || inventora || 1750 || Francia |- | [[:w:Nicole-Reine Lepaute|Nicole-Reine Lepaute]] || astronomía || 1723 || Francia |- | [[:w:Rita Levi-Montalcini|Rita Levi-Montalcini]] || neuroloxía || 1909 || Italia |- | [[:w:Ada Augusta Lovelace|Ada Augusta Lovelace]] || matemáticas || 1815 || Reino Unido |- | [[:w:Mileva Marić|Mileva Marić]] || matemáticas || 1875 || Serbia |- | [[:w:Sybilla Masters|Sybilla Masters]] || inventora || 1690 || Estados Unidos |- | [[:w:Sarah Mather|Sarah Mather]] || inventora || 1845 || Estados Unidos |- | [[:w:Barbara McClintock|Barbara McClintock]] || bioloxía || 1902 || Estados Unidos |- | [[:w:Lise Meitner|Lise Meitner]] || física || 1878 || Alemaña |- | [[:w:Maria Mitchell|Maria Mitchell]] || astronomía || 1818 || Estados Unidos |- | [[:w:Soledad Muniategui Lorenzo|Soledad Muniategui Lorenzo]] || química, medio ambiente || 1962 || España |- | [[:w:Mary Wortley Montagu|Mary Wortley Montagu]] || divulgación || 1718 || Reino Unido |- | [[:w:Florence Nightingale|Florence Nightingale]] || enfermaría, estatística || 1820 || Reino Unido |- | [[:w:Emmy Noether|Emmy Noether]] || matemáticas || 1882 || Alemaña |- | [[:w:Christiane Nüsslein-Volhard|Christiane Nüsslein-Volhard]] || bioloxía || 1942 || Alemaña |- | [[:w:Ana María Prieto|Ana María Prieto]] || informática || 1942 || España |- | [[:w:Malén Ruiz de Elvira|Malén Ruiz de Elvira]] || divulgación || 1950 || España |- | [[:w:Margarita Salas|Margarita Salas]] || bioloxía || 1938 || España |- | [[:w:Caterina Scarpellini|Caterina Scarpellini]] || meteoroloxía || 1808 || Italia |- | [[:w:Mary Somerville|Mary Somerville]] || divulgación || 1780 || Reino Unido |- | [[:w:Nettie Stevens|Nettie Stevens]] || bioloxía || 1862 || Estados Unidos |- | [[:w:Rosalyn Sussman|Rosalyn Sussman]] || medicina || 1921 || Estados Unidos |- | [[:w:Janet Taylor|Janet Taylor]] || astronomía || 1804 || Reino Unido |- | [[:w:Jeanne Villepreux-Power|Jeanne Villepreux-Power]] || bioloxía || 1794 || Francia |- | [[:w:Matilde Ucelay Maortúa|Matilde Ucelay Maortúa]] || arquitectura || 1912 || España |- | [[:w:Mary Walker|Mary Walker]] || medicina || 1832 || Estados Unidos |- | [[:w:Mary Walton|Mary Walton]] || inventora || 1800 || Estados Unidos |- | [[:w:Lidia White|Lidia White]] || botánica || 1822 || Estados Unidos |- | [[:w:María Wonenburger|María Wonenburger]] || matemáticas || 1927 || España - Estados Unidos - Canadá |- | [[:w:Ada Yonath|Ada Yonath]] || cristalografía || 1939 || Israel |} == Actualidade e futuro == A demanda mundial de maior innovación e produtividade require os mellores coñecementos e habilidades sen ter en conta o sexo, aínda que polo momento se arrastren lacras de discriminación. No ano 1984 creouse nos EEUU o ''Women Into Science and Engineering'' (W.I.S.E.), grupo que anima as rapazas a optar polas carreiras de ciencia e tecnoloxía, incluíndo áreas como medio ambiente, medicina, comunicacións e aeronáutica. W.I.S.E. está axudando a divulgar a mensaxe de que, home ou muller, o mérito individual debe ser a única medida para o recoñecemento e polo tanto para o avance profesional. Aínda hoxe, na súa páxina web (http://www.science-engineering.net/women_engineering.htm) o título principal é un 'chamamento a tódalas mulleres' que fai ver as oportunidades que se ofrecen no campo da ciencia e tecnoloxía. Outros grupos semellantes seguen o seu camiño: proliferan sociedades de mulleres científicas ou enxeñeiras, e outras que tratan temas máis xerais, como a “Women In Tecnology International” (WITI), asociación de máis de 6000 membros que crece rapidamente e dedicada a axudar a independencia económica das mulleres, promover a elección de carreiras científicas e técnicas, e as mulleres en traballos executivos son acompañadas por asociacións máis particulares ou seccións de agrupacións para a promoción da muller no seu interior. Como un exemplo, na páxina web http://www.archsoc.com/kcas/ArchWomen.html trátase de responder á pregunta: 'É a arquitectura unha boa ocupación para as mulleres?' Por outra parte, a nivel internacional organismos como a Axencia Internacional de Enerxía Atómica (A.I.E.D) intentan incrementar a porcentaxe de mulleres no seu seo, correspondendo con outras entidades a nivel nacional e coordinacións internacionais como o Programa da UNESCO 'Mulleres, ciencia e desenvolvemento' Dentro do movemento mundial de valorización da muller, téñense comprendido, tanto a nivel corporativo como individual, as oportunidades mutuas que ofrecen as mulleres para a ciencia e a ciencia para as mulleres, aínda que se teña mediatizado o seu natural desenvolvemento por residuos antifeministas absurdos. Dende hai xa anos unha porcentaxe nada desprezable de estudantes de enxeñería son mulleres que perseguirán traballos de responsabilidade e ben pagados, como técnicas e enxeñeiras en investigación, desenvolvemento, deseño, análise, manufactura… mentres, as carreiras científicas, aínda que con diferenzas entre unhas e outras, teñen xa equiparado o número de estudantes de ambos sexos. Non obstante, o mesmo que pasa ó contemplar a historia, todo este movemento non é uniforme, dependendo de factores xeográficos e políticos, relixiosos ou económicos que se mesturan con outros de diferente tipo social. Aínda que a través do século XX os avances para a equiparación dos sexos, e particularmente no campo da ciencia, foron grandes, vese que a distribución de postos ocupados por mulleres na ciencia varía segundo o nivel acadado. A equiparación está pois pendente. == Percorrido da exposición == * 17-19 de novembro de 2004: IES nº1 de Ribeira (XVII Congreso de EnCiGa); * 15-28 de febreiro de 2005: IES As Telleiras de Narón; * 1-15 de marzo de 2005: IES Campo San Alberto de Noia. Charla sobre a exposición o 15 de marzo; * 18-23 de abril de 2005: IES Porta da Auga de Ribadeo (XI Feira da Ciencia e Tecnoloxía); * 1-15 de maio de 2005: IES Concepción Arenal de Ferrol; * 30 de maio-15 de xuño de 2005: Oficina de Turismo de Ribadeo; * 17 de outubro-11 de novembro de 2005: IES Agra do Orzán da A Coruña; * 12-30 de novembro de 2005: Forum Metropolitano da Coruña; * 1-22 de decembro de 2005: IES Paseo das Pontes da Coruña; * 10-30 de xaneiro de 2006: IES Urbano Lugrís da Coruña; * 10 de febreiro-3 de marzo de 2006: IES Ames de Bertamiráns, Ortoño, Ames; * 6 de marzo-7 de abril de 2006: Colexio Calvo Sotelo da Coruña; * 21-22 de abril de 2006: Servizo Galego de Igualdade, Santiago de Compostela; * 9-12 de maio de 2006: Edificio "Comarca da Mariña Occidental" de Viveiro; * 5-19 de marzo de 2007: CIM de Cangas; * 9-23 de novembro de 2007: Concello de Vedra (1ª Semana da Ciencia "Con-ciencia"); * 19 de abril-9 de maio de 2008: IES Campo San Alberto de Noia; (proxecto europeo "Women in Science"); * 1 de novembro-30 de novembro de 2013: Concello de Vigo; * 9-13 de marzo de 2015: Escola Politécnica Superior-USC. (RÚA BENIGNO LEDO S/N 27002 LUGO) * 5-23 de marzo de 2018: CEP Carlos Casares (Alxén, Salvaterra, Pontevedra) ''Próximas'' == Notas == Traballo realizado a partir da idea orixinal do autor e o xerme do traballo previo “As Mulleres na Ciencia”, presentado na VI Feira da Ciencia e Tecnoloxía do IES Porta da Auga de Ribadeo (ano 2000) por Nelly Bouso Gasalla, Mari Carmen Cancio Mesa, Lorena Navarro Pérez e Vanesa Rodríguez Rodríguez. Foi usada como base bibliográfica http://wikipedia.org en diferentes linguas. A partir de aí, comprobouse, modificouse e ampliouse coa consulta de outras fontes particulares ou de tipo xeral, entre elas: * http://inventors.about.com/ * http://search.eb.com/women/articles/ * http://www.mec.es/cide/publicaciones/textos/col151/col15102.pdf * http://web.clas.ufl.edu/users/rhatch/pages/03-Sci-Rev/SCI-REV-Home/sr-women/05-sr-women%20of%20learning%20-%20long.html * http://www.engineering.usu.edu/ece/faculty/furse/TUTORIAL/women/women%20in%20engineering.PPT * http://users.erols.com/njastro/barry/pages/womenbio.htm * http://www.hven.com/EUBORG3.html * http://www.geometry.net/scientists/kovalevskaya_sofia.php * http://www.clas.ufl.edu/users/rhatch/pages/ * http://www.undelete.org/disco/discovhery.html * http://www.nodo50.org/mujeresred/ciencia.htm * http://www.edualter.org/material/mujer/ustec.htm * http://www.cientec.or.cr/mhonarc/boletincientec/doc/msg00144.shtml * http://www.irbs.com/lists/navigation/0205/0052.html * http://www.pr.mq.edu.au/events/index.asp?ItemID=1468 * http://assets.cambridge.org/0521772044/frontmatter/0521772044_frontmatter.pdf * http://ngeorgia.com/people/walker.html * http://www.campus-oei.org/revistactsi/numero2/varios2.htm * http://www.cosmovisions.com/index.html * http://www.saintmarksschool.org/public/library/webliographies/pages/femsci.htm * http://www.womenandsociety.buffalo.edu/mainpage.htm * http://www.engineering.usu.edu/ece/faculty/furse/TUTORIAL/women/women%20in%20engineering.PPT * http://europeanhistory.about.com/cs/laurabassi/ * http://www.mtholyoke.edu/lits/library/arch/col/msrg/mancol/ms0585r.htm * http://users.skynet.be/radoux/textes/mathfem.pdf * http://www.mscd.edu/~mdl/gerresources/frauen/mmkirch.htm * http://www.almaz.com/nobel/ * http://encyclopedia.thefreedictionary.com/Mary%20Anning ;Incluíndo a seguinte bibliografía en papel * Messadié, G., Grandes descubrimientos de la ciencia, Alianza Editorial, Madrid 2000. * Messadié, G., Grandes inventos del mundo moderno, Alianza Editorial, Madrid 2000. * Pardo, J., Zapatos para el pie izquierdo, Ediciones Temas de Hoy S.A., Madrid 1998 * Ruiz de Elvira, M., ¡Eureka!, Ediciones Temas de Hoy S.A., Madrid 1999 * Sánchez Ron, J.M., Cincel, martillo y piedra, Santillana, Madrid 1999. O material aquí presentado mantén a licenza e dereitos de copia especificados na GNU Free Documentation License, e está a disposición na http://gl.wikipedia.org , accesible dende o apartado “A ciencia ten nome de muller”. Existe unha presentación informática realizada con este material e está en preparación un libro co mesmo título. Feito con orzamento do proxecto Science Fairs Throughout Europe (SFTE), Programa Sócrates – Comenius I da Unión Europea, nº 03-ESP01-S2C01-01308-2. == Véxase tamén == === Ligazóns externas === * [http://fqribadeo.blogspot.com/2007/02/ciencia-ten-nome-de-muller.html Para ver os paneis da exposición A ciencia ten nome de muller] ou [http://feirasdeciencia.wikispaces.com/A+ciencia+ten+nome+de+muller aquí] * [https://www.deomi.org/Observances%20&%20Demographics/Gender%20Observances/whm96.htm Defense equal opportunity management institute] [[Categoría:Ciencia]] 4ypawb5bdcrxg0esw3qyszcjpgd5wdw