Wikibooks
glwikibooks
https://gl.wikibooks.org/wiki/Portada
MediaWiki 1.47.0-wmf.5
first-letter
Media
Especial
Conversa
Usuario
Conversa usuario
Wikibooks
Conversa Wikibooks
Ficheiro
Conversa ficheiro
MediaWiki
Conversa MediaWiki
Modelo
Conversa modelo
Axuda
Conversa axuda
Categoría
Conversa categoría
TimedText
TimedText talk
Módulo
Conversa módulo
Evento
Evento Discussão
Exercicios de morfosintaxe en lingua galega/persoal/Colocación
0
2078
20736
20726
2026-06-06T15:19:35Z
~2026-33347-40
3175
/* Exercicio 1 */
20736
wikitext
text/x-wiki
*''[[Curso de lingua galega/O persoal/Átono/Colocación|A colocación do persoal no Curso de lingua galega]]''
*''[[Wikipedia:Curso de galego/O persoal]]''

{{Template:Cursogalego}}
{{Template:Ex morfosintaxe lg}}
== Exercicio 1 ==
'''Nas seguintes oracións [[Curso de lingua galega/O persoal/Átono/Colocación|coloca o pronome átono]] onde corresponda, tendo en conta a negación, a entoación e se a oración é simple ou composta.'''

1. Que cousas lle dixo ………! (lle)

2. Como se puxo …………! (se)

3. Non nos fagas …………. (nos)

4. Moito llo repetín ………, pero nunca me fixo …… caso. (llo, me)

5. Di lles a verdade, que eles te queren …… ben. (lles, te)

6. Nunca lles dixo ……… nada que …… molestase ………(lles, os)

7. Mal raio te parta ………! Eu non te aturo ……. (te, te)

XD
== Exercicio 2 ==
'''[[Curso de lingua galega/O persoal/Átono/Colocación|Coloca o pronome átono]] onde corresponda.'''

1. Ninguén ……… fará ………… cambiar de opinión. (me)

2. Ningunha compensación …………… resarciría ……… desa perda. (vos)

3. Ningún dos amigos ……… abandonou ……… naquel transo. (a)

4. Eses ovos ……… facían ……… unha boa tortilla. (che)

5. Non ……… me ……… gorentan ……… os doces. (che)

6. Señores, eses ……… son ………… perigosos. (lles)

7. Señora, ………… son ………… ben bos estes grelos. (lle)

8. Todo ………… foi ……… un invento dela. (che)

== Exercicio 3 ==
'''Pronominaliza (é dicir, cambia por un pronome) o CI polo pronome persoal de 3ª persoa.'''

'''[[Curso de lingua galega/O persoal/Átono/Colocación|Coloca o pronome átono]] no lugar adecuado'''

1. Contamos aos nosos pais o que nos pasara na festa.

2. Non dixo toda a verdade á filla.

3. Iso trouxo a el problemas.

4. Terás que levar ao oculista os lentes vellos.

5. Has entregar ao profesor o traballo en limpo.

6. Non deas a eles o que non che deron a ti.

7. Deu un bico aos pais pola mañá.

8. Amosei ós visitantes os museos da cidade.

9. Sempre lles traio ese cuestionario.

10. Deu un premio aos fillos.

== Exercicio 4 ==
'''Pronominaliza o CI e mailo CD, facendo as contraccións que cumpra.'''

'''[[Curso de lingua galega/O persoal/Átono/Colocación|Coloca o pronome átono]] no lugar adecuado'''

1. Sirve o caldo aos teus irmáns.

2. Fai os deberes á súa irmá porque ela non sabe.

3. Di a verdade a estes homes.

4. Tróuxolles un regalo ben bonito.

5. 5. Ensinou ós alumnos todo canto sabía.

6. Darei a ela todo canto me pidas.

7. A vostede non lle quero esas nabizas.

8. Quen dera este pastel a elas!

9. Non fagas ese feo a el.

10. Hei dar a elas todo o meu.

== Exercicio 5 ==
'''Corrixe os erros das oracións seguintes.'''

1. Me parece que desta aprendinme a colocación do pronome.

2. Non che vin onte no cine.

3. Non se o prestes, que mérqueo ela.

4. Dime quen che o fixo.

5. Me verás ou non me verás.

6. Vos tedes que ir de contado.

7. Paréceme que estaste metendo de máis.

8. Díxolles que axudaríaos.

9. Se vésme pedir axuda, vaite agora mesmo.

10. Os acabei, os exercicios, por fin!

==Solucións==
=== Exercicio 1 ===
1. Que cousas '''lle''' dixo!

2. Como '''se''' puxo!

3. Non '''nos''' fagas iso.

4. Moito '''llo''' repetín, pero nunca '''me''' fixo caso.

5. Di '''lles''' a verdade, que eles '''te''' queren ben.

6. Nunca '''lles''' dixo nada que '''os''' molestase.

7. Mal raio '''te''' parta! Eu non '''te''' aturo.

=== Exercicio 2 ===
1. Ninguén '''me''' fará cambiar de opinión.

2. Ningunha compensación '''vos''' resarciría desa perda.

3. Ningún dos amigos '''a''' abandonou naquel transo.

4. Eses ovos facían'''che''' unha boa tortilla.

5. Non '''che''' me gorentan os doces.

6. Señores, eses son'''lles''' perigosos.

7. Señora, son'''lle''' ben bos estes grelos.

8. Todo '''che''' foi un invento dela.

=== Exercicio 3 ===
1. Contámosllelo.

2. Non lla dixo.

3. Iso llos trouxo.

4. Terás que llos levar / Terás que levarllos / Terasllos que levar.

5. Hasllo entregar / Has entregarllo.

6. Non llelo deas.

7. Déullelo pola mañá.

8. Amoseillelos.

9. Sempre llelo traio.

10. Déullelo.

=== Exercicio 4 ===
1. Sírvellelo.

2. Faillos porque ela non sabe.

3. Díllela.

4. Tróuxollelo.

5. Ensinou ós alumnos todo canto sabía.

6. Dareillo.

7. A vostede non llas quero .

8. Quen llelo dera este pastel a elas!

9. Non llo fagas.

10. Héillelo dar / Hei dárllelo.

=== Exercicio 5 ===
1. Par'''é'''ce'''me''' que desta '''aprendín''' a colocación do pronome.

2. Non '''te''' vin onte no cine.

3. Non '''llo''' prestes, que '''o''' m'''e'''rque ela.

4. Dime quen '''cho''' fixo.

5. '''verasme ''' ou non me verás.

6. '''Vós''' tedes que ir de contado / Tédes'''vos''' que ir de contado

7. Paréceme que '''te''' estás metendo de máis.

8. Díxolles que '''os''' axudaría.

9. Se '''me''' v'''e'''s pedir axuda, vaite agora mesmo.

10. Acabei'''nos''', os exercicios, por fin!

{{Template:cursogalego}}
*''[[Curso de lingua galega/O persoal/Átono/Colocación|A colocación do persoal no Curso de lingua galega]]''

*''[[Wikipedia:Curso de galego/O persoal]]''
h6xrnss4n0nbbnku5d7j3pitfc5g83o