Wikibooks
glwikibooks
https://gl.wikibooks.org/wiki/Portada
MediaWiki 1.48.0-wmf.4
first-letter
Media
Especial
Conversa
Usuario
Conversa usuario
Wikibooks
Conversa Wikibooks
Ficheiro
Conversa ficheiro
MediaWiki
Conversa MediaWiki
Modelo
Conversa modelo
Axuda
Conversa axuda
Categoría
Conversa categoría
TimedText
TimedText talk
Módulo
Conversa módulo
Evento
Evento Discussão
Exercicios de morfosintaxe en lingua galega/artigo
0
1726
20760
20753
2026-11-12T13:35:44Z
~2026-59742-00
3226
/* Exercicio 1 */
20760
wikitext
text/x-wiki
*''[[Curso de lingua galega/Os determinantes/O artigo|O artigo no Curso de lingua galega]]''

{{Template:Cursogalego}}
{{Template:Ex morfosintaxe lg}}
== Exercicio 1 ==
'''Poña os artigos e as contraccións segundo conveña''':
# __os___ cativos tiñan moita febre
# Aínda que lles tedes medo _e____ cempés e __como___ morcegos non fan mal ningún
# __e___ ceo estaba mouro polo trebón que se achegaba
# Hoxe non imos ir _a____ escola
# Esta restra de chourizos é a ___os__ veciños. Non a toques.
# Non te esquezas _ea____ radio que me prometiches
# _____ pasar _____ carón _____ maceiras imos descansar un pouco, e poderei coller unha ou dúas mazás e_____ árbore
# Gústame esa sempreviva _____ teu xardín
# Temos que ir _____ teu coche, porque o meu está descomposto
# Tráeme _____ café _____ pouco de leite
== Exercicio 2 ==
'''Realice a contracción que cumpra en cada caso''':
# Sempre vou a a clase con unha amiga miña
# Xa te atendo en un instantiño
# Este paraugas é de un señor que o esqueceu
# Con uns ladrillos de nada e con un pouco de cemento xa fixo un alpendre
# Se vou a Bueu en un bou, vou, e se non vou en un bou, non vou
# Como queres a tortilla, ¿de un ovo ou de dous?
# Estou en unha aldea que se chama Vilar de o Monte
# Este xoguete é de o meu fillo
# Ela ten unha curmá de uns oito anos
# Ten boa gana de vir a a clase connosco
# A as veces teño morriña de a aldea
# Ven de unha vez e déixate de lerias
# Nós somos de un lugar de preto de A Coruña
# Con unha media ducia de ovos xa se fai unha boa tortilla
# Con uns codelos acenden o lume de a cheminea
# Estes son os rapaces de o Chouzo que están en a de a túa tía Luísa
# Carlos xa marchou cara a A Coruña
# Ela é filla de un avogado e de unha médica
# O can corría con un cacho de xamón en a boca
# Estarei alí a as oito en punto
== Exercicio 3 ==
'''Subliña os artigos do primeiro parágrafo do seguinte poema'''
''Non visites agora o peirao, as brétemas que apreixan''

''o aire, o navío, a beira do tempo, a mollada lembranza''

''dos seres amados. Espera. O mar abrirache o camiño. Luirá a pedra.''

''Espallará o sal azul da noite que abrangue no leito amoroso''

''dos teus ollos. Abrirá a lúa de abril para bañar en luz o noso corpo.''

''Beberá a rosada marea dos teus beizos. Abrirache paso ata o centro,''

''ata o cerne do planeta.''

''Se alí morren as praias de o corazón, non te preocupes. Se se desborda''

''o vento interno por o costado. Se se agachan os tempos, os camiños,''

''as pegadas. Se se borran as feridas a o recibir o mar, o seu retorno,''

''non te preocupes. O corazón ficará. E con o mouro viño de os días ancorados,''

''con o pardo retorno de as vides de setembro, de o bronce da uva,''

''serás o instante. Serás o tempo que ti amabas. O peirao último''

''de o meu barco de magnolio. O leme, só, o teu corazón florecendo.''
::::::::::''Lugar de Noso'' de Miguel Bugallo.
== Exercicio 4 ==
'''Realiza as convenientes contraccións do artigo que faltan no segundo parágrafo do poema anterior.'''
== Exercicio 5 ==
'''Corrixe os erros que haxa nas seguintes frases''' (pode haber algunha correcta):
#O saírmos do pavillón perdemos as chaves.

#Vou ca cadela a o veterinario.

#Por o cansazo estou amuado.

#Afectounos menos a nós ca os demais.

#Recolleu ó meniño na gardería.

#O pouco, ca incerteza, deu en chorar.

#Todos os tres sabían de un ou de dous acontecementos semellantes.

#Liscaron os amigos de un e os de o outro.

#Avisados os inimigos, comezaron ca liorta.

#O Martiño emborcara súa cunca

#Seu pai, cando viu que non se mancara, rezou un ''Noso Pai''
==Solucións==
=== Exercicio 1 ===
# os
# ós, ós
# o
# á
# dos
# da
# ao, ao, das, da
# do
# no
# un, cun
=== Exercicio 2 ===
# Sempre vou á clase cunha amiga miña
# Xa te atendo nun instantiño
# Este paraugas é dun señor que o esqueceu
# Cuns ladrillos de nada e cun pouco de cemento xa fixo un alpendre
# Se vou a Bueu nun bou, vou, e se non vou nun bou, non vou
# Como queres a tortilla, ¿dun ovo ou de dous?
# Estou nunha aldea que se chama Vilar do Monte
# Este xoguete é do meu fillo
# Ela ten unha curmá duns oito anos
# Ten boa gana de vir á clase connosco
# Ás veces teño morriña da aldea
# Ven dunha vez e déixate de lerias
# Nós somos dun lugar de preto da Coruña
# Cunha media ducia de ovos xa se fai unha boa tortilla
# Cuns codelos acenden o lume da cheminea
# Estes son rapaces do Chouzo que están na da túa tía Luísa
# Carlos xa marchou cara á Coruña
# Ela é filla dun avogado e dunha médica
# O can corría cun cacho de xamón na boca
# Estarei alí ás oito en punto
=== Exercicio 3 ===
Non visites agora '''o''' peirao, '''as''' brétemas que apreixan

'''o''' aire, '''o''' navío, '''a''' beira d'''o''' tempo, '''a''' mollada lembranza

d'''os''' seres amados. Espera. '''O''' mar abrirache '''o''' camiño. Luirá '''a''' pedra.

Espallará '''o''' sal azul d'''a''' noite que abrangue n'''o''' leito amoroso

d'''os''' teus ollos. Abrirá '''a''' lúa de abril para bañar en luz '''o''' noso corpo.

Beberá '''a''' rosada marea d'''os''' teus beizos. Abrirache paso ata '''o''' centro,

ata '''o''' cerne d'''o''' planeta.

=== Exercicio 4 ===
Se alí morren as praias '''do''' corazón, non te preocupes. Se se desborda

o vento interno '''polo''' costado. Se se agachan os tempos, os camiños,

as pegadas. Se se borran as feridas '''ó''' (tamén '''ao''') recibir o mar, o seu retorno,

non te preocupes. O corazón ficará. E '''co''' mouro viño '''dos''' días ancorados,

'''co''' pardo retorno '''das''' vides de setembro, '''do''' bronce '''da''' uva,

sera-lo (tamén ''serás o'') instante. Sera-lo (tamén ''serás o'') tempo que ti amabas. O peirao último

'''do''' meu barco de magnolio. O leme, só, o teu corazón florecendo.
=== Exercicio 5 ===
#'''Ó''' saírmos do pavillón perdemos as chaves.

#Vou '''coa''' cadela '''ó''' (tamén '''ao''') veterinario.

#Polo cansazo estou amuado.

#Afectounos menos a nós ca '''ós''' demais.

#Recolleu '''o''' meniño na gardería.

#O pouco, '''coa''' incerteza, deu en chorar.

#Todos os (tamén '''Tódolos''') tres sabían de un ou de dous acontecementos semellantes.

#Liscaron os amigos '''dun''' e os '''do outro'''.

#Avisados os (a contracción do artigo co participio é incorrecta) inimigos, comezaron '''coa''' liorta.

#O Martiño emborcara '''a''' súa cunca.

#Seu pai, cando viu que non se mancara, rezou un ''Noso Pai''

{{Template:Cursogalego}}
*''[[Curso de lingua galega/Os determinantes/O artigo|O artigo no Curso de lingua galega]]''

[[Categoría:Exercicios de morfosintaxe en lingua galega]]
4bw95d2sb3sbf5oefajkvvmx4tfvjy2