Wikisource glwikisource https://gl.wikisource.org/wiki/Portada MediaWiki 1.47.0-wmf.2 first-letter Media Especial Conversa Usuario Conversa usuario Wikisource Conversa Wikisource Ficheiro Conversa ficheiro MediaWiki Conversa MediaWiki Modelo Conversa modelo Axuda Conversa axuda Categoría Conversa categoría Autor Conversa autor Páxina Conversa páxina Índice Conversa índice TimedText TimedText talk Módulo Conversa módulo Evento Evento Discussão Decreto de Unificación 0 5916 21917 21913 2026-05-16T09:24:05Z HombreDHojalata 508 21917 wikitext text/x-wiki [[Ficheiro:Decreto de Unificación.pdf|miniatura|Decreto de Unificación no ''BOE'' do 20/04/1939.]] {{Prose}} <center>'''GOBERNO DO ESTADO'''</center> <center>'''Decreto número 255'''</center> {{Espazos|3}}Unha acción de goberno eficiente, como o do Novo Estado Español, nado baixo a bandeira da unidade e grandeza da Patria, esixe que as accións individuais e colectivas de tódolos españois se subordinen ao seu destino común. {{Espazos|3}}Esta verdade, tan claramente percibida polo bo sentido común do pobo español, é incompatible coa loita dos partidos e organizacións políticas que, aínda que —todas— pugnan nobremente polo mellor servizo de España, empregan as súas mellores enerxías loitando polo predominio dos seus estilos peculiares, ou, peor aínda, en cuestións personalistas que dan lugar a mesquiñas discordias no seo das organizacións, reavivando vellas intrigas políticas e ameazando coa descomposición a organizacións e forzas cuxos membros se animan polos ideais máis puros. {{Espazos|3}}Coa guerra xa moi avanzada e a hora vitoriosa achegándose, urxe emprender a gran tarefa da paz, cristalizando no novo Estado o pensamento e o estilo da nosa Revolución Nacional. Unidos por un pensamento e unha disciplina comúns, todos os españois han ocupar o seu posto nesta grande empresa. {{Espazos|3}}Esta unificación, que esixo en nome de España e no sagrado nome dos que caeron por ela —heroes e mártires— aos que todos e sempre permaneceremos fieis, non significa nin un conglomerado de forzas nin unha mera concentración do poder gobernamental, nin unha unión fugaz. Para afrontala de forma decisiva e eficaz, debemos evitar a creación dun partido artificial; pola contra, cómpre reunir tódalas achegas e integralas, mediante un proceso de superación, nunha única entidade política nacional, vínculo entre o Estado e a Sociedade, garantía de continuidade política e de lealdade perdurable do pobo ao Estado. É fundamental considerar que, ademais das inestimables achegas colectivas e individuais dos patriotas que, desde o principio, vestiron voluntariamente os uniformes dos Soldados de España, Falange Española e os Requetés, foron os auténticos expoñentes do espírito do alzamento nacional iniciado polo noso glorioso Exército o 17 de xullo. {{Espazos|3}}Coma noutros países de réximes totalitarios, a forza tradicional vén agora en España a se integrar nunha forza nova. Falanxe Española aportou, co seu programa, masas de xente nova, propagandas cun novo estilo, unha forma política e heroica para o tempo presente e unha promesa de realización española; os Requetés, xunto co seu espírito guerreiro, trouxeron o sagrado depósito da tradición española, tenazmente conservada ao longo do tempo, coa súa espiritualidade católica, que foi un elemento formativo principal da nosa nacionalidade e nos cuxos principios eternos de moralidade e xustiza debe seguir inspirándose. {{Espazos|3}}Sendo un o sentir das organizacións, análoga a inquietude patriotica que as anima, cunha arela de unidade, apoiada polo anhelo con que España a agarda, esta unidade non debe demorarse máis. {{Espazos|3}}Así, fundidas as súas virtudes, estas dúas grandes forzas nacionais fan a súa presenza directa e unificada ao servizo do Estado. O seu marco programático consiste nos vinte e seis puntos da Falanxe Española; cómpre sinalar que, dado que o movemento que lideramos é precisamente este —máis que un programa—, non será ríxido nin estático, senón suxeito, en cada caso, ao traballo de revisión e mellora que a realidade dite. {{Espazos|3}}Cando rematemos esta inmensa tarefa de reconstrución espiritual e material, se as necesidades da nación e os sentimentos do país así o aconsellan, non pechamos a porta á posibilidade de establecer na Nación o réxime secular que forxou a súa unidade e a súa grandeza histórica. {{Espazos|3}}Por todo o anterior, <center>DISPOÑO:</center> {{Espazos|3}}Artigo Primeiro. Falanxe Española e os Requetés, cos seus actuais servizos e elementos, intégranse, baixo a Miña Xefatura, nunha única entidade política nacional que, de momento, se denominará ''Falange Tradicionalista Española e de las JONS''. {{Espazos|3}}Esta organización, actuando como intermediaria entre a Sociedade e o Estado, ten a misión principal de comunicar ao Estado o alento do pobo e de transmitir a este o pensamento de aquel mediante as virtudes políticas e morais de servizo, xerarquía e irmandade. {{Espazos|3}}Son orixinalmente, e por dereito propio, afiliados da nova organización tódolos que no día da publicación deste Decreto posúan o  carné de Falange Española ou da Comunión Tradicionalista, e poderán selo, previa admisión, os españois que o soliciten. {{Espazos|3}}Quedan disoltas todas as demais organizacións e partidos políticos. {{Espazos|3}}Artigo segundo. Os órganos reitores da nova entidade política nacional serán o Xefe de Estado, un Secretariado ou Xunta Política e o Consello Nacional. {{Espazos|3}}É responsabilidade do Secretaría ou Consello Político establecer a constitución interna da entidade para a consecución da súa finalidade principal, auxiliar o seu Xefe na preparación da estrutura orgánica e funcional do Estado, e colaborar, en todo caso, nas accións de goberno. {{Espazos|3}}A metade dos seus membros, cos que comezará as súas tarefas, serán designados polo Xefe do Estado, e a outra metade elixida polo Consello Nacional. {{Espazos|3}}O Consello Nacional coñecerá dos principais asuntos nacionais que lle sexan sometidos polo Xefe do Estado, nos termos que se establezan nas disposicións complementarias. {{Espazos|3}}Mentres se desenvolven os traballos destinados á organización definitiva do Novo Estado totalitario, cumpriranse as aspiracións nacionais de participación de membros da Falange Tradicionalista Española e de las JONS nos organismos e servizos do Estado, para que lles impriman un ritmo novo. {{Espazos|3}}Artigo terceiro. Fusiónanse nunha única Milicia Nacional, as de Falange Española e as dos Requetés, conservando os seus emblemas e símbolos externos. A ella, serán incorporadas tamén, cos honores gañados na guerra, as demais milicias . {{Espazos|3}}A Milicia Nacional é unha forza auxiliar do Exército de Terra. {{Espazos|3}}O Xefe do Estado é o Comandante Supremo da Milicia. Será Xeje directo, un Xeneral do exército con dous subxefes militares procedentes, respectivamente, das milicias de Falange Española e de Requetés. {{Espazos|3}}Para manter a pureza do seu estilo, nomearanse dous asesores políticos ao mando. {{Espazos|3}}Dato en Salamanca o dezanove de abril de mil novecentos trinta e sete. {{Aliñación dereita|{{Smallcaps|[[Francisco Franco]]}}}} </div> ___________________________________________________________________________________________ :* [[Ficheiro:Wikisource-logo.svg|21x21px]] ''Este texto é unha tradución. Vexa o texto na súa lingua orixinal en: '''[https://www.boe.es/diario_gazeta/comun/pdf.php?p=1937/04/20/pdfs/BOE-1937-182.pdf]''''' == Véxase tamén == {{Wikipedia|Decreto de Unificación}} {{PD-disposicións}} [[Categoría:GL-D]] [[Categoría:1937]] [[Categoría:Documentos da historia de España]] [[Categoría:Traducións do castelán]] [[Categoría:Decretos]] aj1ug4n7bstpehw2k7p84n4eggx4ycr Decreto número 255 0 5917 21916 2026-05-16T09:06:41Z HombreDHojalata 508 Redirixida cara a «[[Decreto de Unificación]]» 21916 wikitext text/x-wiki #REDIRECCIÓN [[Decreto de Unificación]] p4jcze45py4khe05oht5vqe442jhk8e