Wikisource
glwikisource
https://gl.wikisource.org/wiki/Portada
MediaWiki 1.47.0-wmf.22
first-letter
Media
Especial
Conversa
Usuario
Conversa usuario
Wikisource
Conversa Wikisource
Ficheiro
Conversa ficheiro
MediaWiki
Conversa MediaWiki
Modelo
Conversa modelo
Axuda
Conversa axuda
Categoría
Conversa categoría
Autor
Conversa autor
Páxina
Conversa páxina
Índice
Conversa índice
TimedText
TimedText talk
Módulo
Conversa módulo
Evento
Evento Discussão
Aires da miña terra/Introdución
0
5328
21973
21495
2026-09-29T14:26:41Z
Pruizf
3617
aparece como unha estrofa en https://biblioteca.galiciana.gal/clasicos_epub/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1297959
21973
wikitext
text/x-wiki
{{prose}}
<poem>
INTRODUCION
Escribir nada máis pr' onha provincia
Ou, com' os povos árcades fixeron,
Escribir sobr' a casca d'os curtizos,
Cáxeque todo vén á ser o mesmo.
A nosa vos, n'a soledá perdida,
Morrerá sin deixar xiquera ise éco
Qu' a brisa malencónica d' outono
Deixa n'a copa azul d'os ameneiros.
Non pode ser tampouco d' outra sorte:
Pasaron xa, pra non volver, os tempos
En qu' o lenguaxe era unha cifra máxica
Fácele sólo ó sacerdote hebreo.
As xentes tristes que n'o verbo humano
Percuran os ideales q' entreveron
Cando ó vate interrogan, novo Oráculo,
Queren revelaciós, que non misterios.
Y-escribir n'unha lengua conecida
D'aqueles sólo q' onda nós naceron,
¿Qu' e sinon responder ésas perguntas
En revesgados xeroulifos pérsicos?
Todo tende á unidá, ley, d'entre todas,
A máis ineusorabre d'o Progreso;
Y-él que de cen naciós un povo fixo,
Un idioma fará de cen dialeutos.
Como páran n'o mar todol-os rios,
Com' os rayos d'o sol páran n'un centro,
Todal-as lenguas han de parar n'unha,
Qu' hemos de falar todos, tarde ou cedo.
¿Por que botar ó púbrico este libro
Si a division dialéutica condeno?
Diredes, con razon, os que leades,
Si as ledes, estas páxinas.—Diréivolo:
Cando todal-as lenguas o fin topen
Que marca a todo o providente dedo,
E c'os vellos idiomas estinguidos
Sola unha fala universal formemos;
Esa fala pulida, idioma úneco,
Máis qu' hoxe enriquecido, e máis perfeuto,
Resúme d'as palabras máis sonoras
Qu' aquelas n'os deixaran como en herdo;
Ese idioma, compendio d'os idiomas,
Com' onha serenata pracenteiro,
Com' onha noite de luar docísimo,
Será—¿qué outro sinon? será o gallego.
Fala de miña nay, fala armoñosa,
En qu'o rogo d'os tristes rub' ó ceo
Y-en que decende a prácida esperanza
Ós afogados e doridos peitos;
Fala de meus abós, fala en q'os párias,
De trévoa e polvo e de sudor cubertos,
Piden á terra o gráu d'a côr d'a sangue
Qu' ha de cebar á besta d'o laudemio...
Lengua enxebre, en q' as ánemas d'os mortos
N'as negras noites de silencio e medo,
Encomendan ós vivos as obrigas
Que ¡mal pocados! sin cumprir morreron.
Idioma en que garulan os paxáros,
En que falan os ánxeles ós nenos,
En qu'as fontes solouzan e marmullan
Entr' os follosos álbores os ventos;
Non, tí non morrerás, céltica musa
Náda d'a Suevia n'os chouzales pechos,
Últemo amor d'o páledo Macías,
Atravesado o corazon c'un ferro;
Fecundo núme d'o úneco Rey sabio
Que n'o sólio d' España tivo asento,
Arpa imortal d'a doce Rosalía,
D'o infortunado Añon himno postreiro:
Tí non podes morrer... ¡Eso quixeran
Os desleigados que te escarneceron!
Mais ti non morrerás, Cristo d'as lenguas,
Non, ti non morrerás, ouh Nazareno!
Apóstol teu, anque o máis ruin de todos,
Pr' ónde quér levarey teu Evanxelio,
O fatelo vistindo d' inominia
Que pra mofa n'as costas che puxeron.
N'o teu nome, por terras e por mares.
Ofercerey paz e salú ós enfermos,
Falareilles d'a patria ós desterrados,
De libertade e redencion ós servos.
Anunciarey o dia d'o teu trunfo
Por cibdades e vilas e desertos,
E si por t' anunciar m' apedrearen,
¡Inda ó morrer te mentarán meus beizos!
</poem>
</div>
[[Categoría:Aires da miña terra]]
2u0fet9sfwqa7dsme82hm3af1foq4h5