Wikisource glwikisource https://gl.wikisource.org/wiki/Portada MediaWiki 1.47.0-wmf.22 first-letter Media Especial Conversa Usuario Conversa usuario Wikisource Conversa Wikisource Ficheiro Conversa ficheiro MediaWiki Conversa MediaWiki Modelo Conversa modelo Axuda Conversa axuda Categoría Conversa categoría Autor Conversa autor Páxina Conversa páxina Índice Conversa índice TimedText TimedText talk Módulo Conversa módulo Evento Evento Discussão Aquel romor de cántigas e risas 0 5056 21975 17690 2026-10-01T12:52:51Z Pruizf 3617 ver Galiciana https://biblioteca.galiciana.gal/clasicos_epub/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?path=1297956. 21975 wikitext text/x-wiki {{encabezar |nome=[[I. Vaguedás]] ([[Follas novas]]) |autor=[[Rosalía de Castro]] |data= }} <div align=center> <poem> "Aquel romor de cántigas e risas, Ir, vir, algarear; Aquel falar de cousas que pasaron Y outras que pasarán; Aquela, en fin, vitalidade inquieta Xuvenil, tanto mal Me fixo, que lles dixen: Ivos e non volvás. <br /> Un a un desfilaron silenciosos Por aquí, por alá, Tal como cando as contas dun rosario Se espallan polo chan. I o romor dos seus pasos, mentres se iñan, De tal modo hastra min veu resoar, Que non máis tristemente Resoará quisais No fondo dos sepulcros O último adiós que un vivo ós mortos dá. I ó fin soia quedei, pero tan soia Que hoxe da mosca o inquieto revoar, Do ratiño o roer terco e constante, E do lume o ''chis chas'', Cando da verde pónla O fresco sugo devorando vai, Parece que me falan, que os entendo, Que compaña me fan; I este meu corazón lles di tembrando: ¡Por Dios...!, ¡Non vos vaiás! <br /> ¡Que dóce, máis que triste Tamén é a soledad!" </poem> o4cbtrxidyqla7gyks36tztv9udjqv5